II Foliada Diversa
O vindeiro 11 de agosto, celebraremos a II Foliada da Diversidade Funcional. Invitámosvos a participar nesta xornada co único obxectivo de compartir inquedanzas (¡e tortillas!), coñecer a novas persoas (¡e mascotas!), divertirnos e fortalecer os lazos de unión dos que xa levamos algúns anos defendendo que temos de ser libres para escoller o noso xeito de vida que nos afaste das residencias e promova a Vida Independente. Xa que fomos os pioneiros e pioneiras da implantación do Sistema de Asistencia Persoal en Galicia quizá sexa bo para alguén saber máis sobre el ¡que mellor momento entre tortillas e empanadas! ;-)
Por certo, as "condicións" para asistir son:
- Estar interesada ou interesado no Movemento de Vida Independente
- Estar libre o día 11 de agosto.
- Saber chegar á Area Recreativa "Agronovo", (á beira do río Ulla), Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, A Coruña. GPS: +42° 45' 16.60", -8° 24' 29.55. Como chegar
- Traer a comida e a bebida cada quen (alí non hai chiringuitos).
O lugar conta con baño accesible.
Contacto: vigalicia@vigalicia.org

![Imaxe da II foliada diversa [Clic para ampliar a imaxe] Imaxe da II foliada diversa [Clic para ampliar a imaxe]](http://www.vigalicia.org/files/IMAXES/II_foliada_diversa.png)
![Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fevi.png)
![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)


