Capitulo I. Denominación, persoalidade, duración, domicilio social e ámbito
Artigo 1. Denominación.
Coa denominación ASOCIACIÓN ASISTENCIA PERSOAL PARA A VIDA INDEPENDENTE (en diante A Asociación), constitúese unha entidade ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, pola libre vontade de asociación das persoas que subscriben a Acta Fundacional, que aceptan o establecido nos presentes Estatutos.
Artigo 2. Personalidade xurídica e Independencia.
A Asociación, unha vez constituída e inscrita no rexistro a tal fin establecido, gozará de plena personalidade xurídica e capacidade de obrar, podendo adquirir e posuir mobles, inmobles e administra-los; solicitar créditos, avales, e fórmulas varias de finanzamento a entidades bancarias e financieiras; asociarse, federarse ou formar parte de calquera outro organismo autonómico, nacional ou internacional. Do mesmo xeito, poderá exercitar diante dos poderes públicos ou calquera outro organismo, as accións e recursos que procedan con arreglo á Lei e a estes Estatutos.
A Asociación é unha organización non gobernamental, aconfesional, independente e libre. É unha entidade sen fin de lucro, de carácter voluntario, podendo solicitar a cualificación de Utilidade Pública cando proceda.
Artigo 3. Duración.
Esta Asociación constitúese por tempo indefinido.
Artigo 4. Domicilio social e Ámbito.
A Asociación establece seu domicilio social en SANTIAGO DE COMPOSTELA, R/ Montero Ríos, número 52, piso primeiro, local primeiro, provincia de A Coruña, C.P. 15706 e o ámbito territorial no cal vai a realizar principalmente súas actividades é a Comunidade Autónoma de Galicia, sen perxuizo ámbitos estatais ou internacionais para o cumprimento dos fins da entidade.
O domicilio social pode ser trasladado a outro lugar por acordo da Xunta Directiva, quen poderá decidir así mesmo a apertura de delegacións noutras localidades dentro do seu ámbito de actuacións, e de cantos lugares considere adecuados para o normal desenvolvemento da Asociación. O traslado definitivo do domicilio social requirirá a ratificación da Asemblea Xeral.


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
