Capitulo IV. Socios
Artigo 24
Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas usuarias de Asistencia persoal ou con necesidade de apoios de asistencia persoal recoñecida oficialmente, maiores de idade e con capacidade de obrar que non estean suxeitos a ningunha condición legal para o exercicio do dereito, tratándose de menores de idade ou incapacitados xudicialmente, exercerase a representación a través dos representantes legais correspondente.
Artigo 25
Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:
- Socios fundadores, que serán os que participen no acto de constitución da Asociación.
- Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación, conforme ao Artigo 24, que compartan os principios e valores da Asociación cooperando no cumprimento dos fins.
Artigo 26. Altas e Baixas dos socios.
O procedemento de admisión dun socio deberá se-lo seguinte:
- O candidato deberá facer unha solicitude por escrito, dirixida ó Presidente da Asociación, na que se fagan consta-los datos persoais do solicitante e na que se exprese con claridade o seu desexo de ser socio.
- A solicitude de admisión deberá estar avalada, ó menos, por catro socios numerarios da Asociación.
- A Xunta Directiva solicitará a información que considere oportuna e ten a potestade de admitir, provisionalmente, ata a celebración de inmediata Asemblea Xeral Ordinaria, a un novo socio, pero éste só obterá a súa condición e dereitos plenos cando, por decisión unánime, a Asemblea Xeral ratifique, ou non, o acordo da Xunta Directiva.
- Calquera candidato a socio poderá recorrer diante a Asemblea Xeral no caso que esta rexeite a súa admisión.
Un socio causará baixa na Asociación:
- Cando o solicite voluntariamente, sen necesidade de xustificación.
- Forzosa, por causa legal ou estatutaria. Toda causa de expulsión constará, debidamente acreditada, no correspondente expediente, que non poderá ser resolto sen a audiencia da parte interesada.
Artigo 27
Os socios de número e fundadores terán os seguintes dereitos:
- A participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación, a exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
- A ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
- Participar nos programas e iniciativas que sexan impulsados ou coordinados pola Asociación, nas condicións que establezan os seus órganos de goberno.
- Utiliza-los servizos de toda índole que se creen pola Asociación
- A acceder a toda a documentación da Asociación nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos persoais.
- A ser apoiados pola Asociación nas iniciativas que se consideren oportunas.
- A impugna-los acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou ós Estatutos.
- A ter copia destes estatutos.
- A recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
- A ser oído con caracter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el; a ser informado dos feitos que dean lugar a tales medidas. As posibles sancións, en todo caso, deberán ser motivadas.
- Suxerir aos membros da Xunta Directiva en orden ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Artigo 28
Os socios fundadores e de número terán as seguintes obrigas:
- Cumprir estes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno, unha vez elaborado, e as decisións da Asemblea Xeral, así como as adoptadas polas Comisións e que foran sancionadas pola Xunta Directiva.
- Asistir ás Asembleas e demais actos que se organicen.
- Participar na elección de cargos na xunta Directiva.
- Facilita-la información solvente e responsable, sempre que sexa requirida polos órganos representativos da Xunta Directiva.
- Satisfacer puntualmente as cotas que lle correspondan para o mantemento e desenrolo das actividades da Asociación.
- Manter absoluto segredo sobre os datos coñecidos como consecuencia da información confidencial adquirida na Asociación.
- Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.
Artigo 29
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
- As cotas que satisfagan os socios, cando se establezan.
- As subvencións, doazóns, donativos, legados e herdanzas que se fagan a favor da mesma.
- Os bens propios, mobles e inmobles.
- rendemento do seu patrimonio
- Calquera outra achega que obteña licitamente para ser destinada ó cumprimento dos seus fins
- O capital fundacional de Asociación é nulo, e o presuposto anual non será menor de tres mil euros (3.000 €).
Artigo 30
A Asociación no momento da constitución carece de fondo social.
Artigo 31
A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoureiro, que deberá telo preparado antes do 1 de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria. O exercicio económico coincidirá co ano natural.
Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que serán postas a disposición dos socios, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.





