Interviñentes na mesa redonda

Mesa redonda “Mulleres con diversidade funcional”

O mércores, 1 de marzo, tivo lugar na Fundación Eugenio Granell a inauguración da exposición αφορά (Lembranzas) de María Maquieira.

O acto, conmemorando o día da muller, foi organizado polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa asociación Diresias Galicia, e contou coa mesa redonda “Mulleres con diversidade funcional”.

A mesa foi moderada por Lourdes Díaz, presidenta de Tiresias Galicia, e interveñeron Concepción Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde; Eva Aguayo, coordinadora da Oficina de lgualdade de Xénero da USC; Mª Xosé Agra, catedrática de Filosofía Política da USC; María Maquieira, autora da exposición; Anxela López Leiceaga, presidenta da oficina de Vida Independente de Galicia.

Na súa intervención, Anxela fixo fincapé na desigualdade social que padecen as mulleres com diversidade funcional, as maiores posibilidades de sofrer abuso -sobre todo as que teñen unha diversidade psiquíca-, a institución forzosa… Explicou as diferenzas entre coidador, onde outros controlan a túa vida (profesionais, institucións, familiares), en contraposición á Asistencia Persoal, onde a propia persoa é quen toma as súas propias decisión. Aproveitou ademáis para facer un recoñecemento á compañeira felicida Marita Iglesias, pioneira na defensa dos dereitos das mulleres con diversidade funcional e cofundadora de VIgalicia.

O acto pechouse coa actuación musical de Uxía.