Os pais de Andrés García reclaman o dereito á educación inclusiva do seu fillo

Os pais de Andrés García, un neno vigués de 10 anos cun Trastorno do Espectro Autista, non saíron do seu asombro cando recibiron unha comunicación da Delegación Provincial da Consellería de Educación en Pontevedra, na que se lles comunicaba o cambio de centro educativo no que cursaría estudos o seu fillo.

Segundo dita comunicación, un informe que obra en poder da Delegación de Educación ao que os pais do pequeno non tiveron acceso, aconsella sacar a Andrés do Colexio María Inmaculada Irmás Carmelitas de Vigo (dotado dun aula de educación especial) para escolarizalo no Centro Menela de Educación Especial.

Segundo a familia, esta decisión da Delegación de Educación vulnera de xeito evidente o principio de educación inclusiva que se reflicte na Convención da ONU polos Dereitos das persoas con Discapacidade: sobre a base da igualdade de oportunidades, os Estados Partes asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis" e é un desprezo aos dereitos humanos de Andrés.

Ante esta situación, os pais de Andrés optaron por non escolarizalo ata que se solucione o caso ao que a Delegación de Educación responde coa ameaza de denunciarlles ante os servizos sociais. Esta actitude enténdese como: unha fuxida cara adiante dunha persoa que non cre nos valores deste sistema de inclusión, en referencia ao Delegado de Educación na Provincia de Pontevedra.

En palabras do Cecilio García, pai de Andrés:

A actuación da Delegación de Educación paréceme lamentable e totalmente excluinte, máis de principios do Século XX que deste Século XXI no que estamos. Os nosos gobernantes proclaman aos catro ventos unhas cousas para logo facer o contrario.

Cecilio García e a súa esposa interpuxeron diversos recursos ante as distintas instancias administrativas sen que, ata o momento, recibisen resposta algunha. Cecilio asegura: non esperar nada das administracións, xa que quen as dirixen están comodamente sentados nas súas poltronas e non coñecen a realidade desta sociedade tan diversa. Non están preparados para dirixir socialmente á Oitava potencia económica deste planeta.

Cecilio destaca que:

É evidente que amparándonos tanto en LOE como na Convención da ONU temos dereito a unha Educación Inclusiva, e por este motivo Andrés ten o dereito de permanecer no seu Centro de sempre.

O pai de Andrés insta a todos os pais que se vexan na mesma situación a: non ceder, cando o sistema non funciona somos nós a sociedade os que o podemos cambiar. Un paso atrás nin para coller carrerilla.

Contactar:
Cecilio García, Vigo (PO)
derechos.humanos.andres@gmail.com
Telf. 986 294 689

Navegación

Boletín VIgalicia

Información periódica de VIgalicia no teu correo.

Derechos Humanos YA!

Logo Derechos Humanos YA!
derechoshumanosya.org
Los derechos y la dignidad de las personas con diversidad funcional

VIgalicia, membro da ENIL