Entrevista a Cecilio García

Cecilio García é o pai do neno obrigado pola conselleria de educación a cursar estudos nun centro de educación especial

A Convención da ONU acerca dos Dereitos das Persoas con Discapacidade establece que as persoas con discapacidade poidan acceder a unha educación primaria e secundaria inclusiva, de calidade e gratuíta, en igualdade de condicións con as demais persoas, na comunidade na que vivan. Neste contexto, qué opinión lle merece a actuación da Consellería de Educación en relación á situación de Andrés?

Pois que ou ben non leron a Convención da ONU ou ben non lles interesa tela en consideración. A actuación parece máis de principios do Século XX que deste Século XXI no que estamos.

Qué argumentos esgrime a Consellería de Educación para desentenderse desta forma dos dereitos de Andrés?

Non nos deron máis argumentos que o dun informe que obra no seu poder e ao que non tivemos acceso.

O centro Educativo María Inmaculada Hermanas Carmelitas no que, ata o de agora, cursou estudios Andrés posúe un Aula de Educación Especial. Esta circunstancia, non fai aínda máis incomprensible o traslado de centro de Andrés?

É evidente que amparándonos tanto na LOE como na Convención da ONU temos dereito a unha Educación Inclusiva, e por este motivo Andrés ten o dereito de permanecer no seu Centro. Para iso dispón de Aula de Educación Especial para que este incluído na Educación deste pais.

Qué opinan os outros pais e o colexio sobre o principio de educación inclusiva das persoas con diversidade funcional?

Se te refires aos demais pais do colexio, nunca tivemos problema ningún con eles. No referente ao Colexio, deles saíu a idea de solicitar a Aula de educación Especial, igualmente ano tras ano confeccionaron a Adaptación Curricular de Andrés.

Qué opinión lle merece a actuación da Delegación Provincial de Educación que, tanto no caso de Andrés como no da nena de Catoira, Alejandra Lobato, opta por enviar aos nenos a centros especiais en lugar de mantelos dentro do seu entorno?

Pois parécenos lamentable e totalmente excluínte. Os nosos gobernantes proclaman aos catro ventos unhas cousas para logo facer o contrario. A situación das Persoas con Diversidade Funcional Psíquica evolucionou en Pontevedra da seguinte maneira:

A principio do século pasado, escondíaselles.
A mediados do século pasado, recluíaselles.
A finais do século pasado, integrábaselles
E neste século, se lles exclúe.

Este século debe ser o da inclusión das Persoas con Diversidade Funcional.

Polo momento, Andrés continúa sen escolarizar no presente curso e a Delegación de Educación ameaza con denunciar ante Servizos Sociais, non é esta unha situación similar ao mundo ao revés onde as persoas que ven vulnerados os seus dereitos son vistas como presuntas culpables?

Entendemos que é unha fuxida cara diante dunha persoa que non cree nos valores deste sistema de inclusión. Cando se fai presión sobre ela, a Administración pon en marcha os seus múltiples recursos para non facer nada. É fácil, cando o sistema non funciona en lugar de analizar as causas, producen o efecto de acusa que algo queda.

O Sr. Delegado e a Sra. Conselleira deben ler a Convención de Nacións Unidas para a defensa dos dereitos de las Persoas con Diversidade Funcional.

Cal foi a resposta das distintas instancias da administración ás que se dirixiron dende que se deu o caso de Andrés? É cal é a resposta social e das organizacións civís?

Da Administración de Educación, silencio ou no seu defecto cartas de denuncia. Da administración de xustiza, lentitude e ver a posibilidade de escapulirse. No referente á resposta social, ben. As organizacións civís, préstanos o pouco apoio que poden.

Que lles diría a todos os pais de nenos con diversidade funcional que se vexan, agora ou nun futuro, nunha situación similar á súa?

Non ceder, o sistema cando non funciona somos nós a sociedade os que o podemos cambiar. Un paso atrás nin para coller impulso.

Que espera da Administración para dar resposta aos dereitos humanos de Andrés?

Nada, xa que os Administradores están comodamente sentados nas súas poltronas e non coñecen a realidade desta sociedade tan diversa. Non están preparados para dirixir socialmente á oitava potencia económica deste planeta.

Última hora:

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declárase incompetente no caso e trasládao ao Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, lo que probablemente non redundará nunha pronta solución ao problema de Andrés.
  • O Defensor do Pobo recibiu as denuncias do CERMI poñendo de manifesto os casos de exclusión educativa de Andrés e Alejandra Lobato, ambos nenos da provincia de Pontevedra.

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]