Entrevista a Manuel Piñeiro “Pallín”

Manuel Piñeiro “Pallín[Clic para ampliar la imagen]

Aproveitando a entrega dos premios que a Fundación Amigos de Galicia convoca na súa honra, Manuel Piñeiro “Pallín” contesta ás preguntas de VIgalicia acerca do fenómeno social da diversidade funcional e das cuestións que o rodean.

Cal é a súa relación co nundo da diversidade funcional?

Eu son coordinador de Auxilia Lugo, o noso traballo céntrase máis na eliminación de barreiras arquitectónicas. O primeiro contacto co termo diversidade funcional tíveno fai dous anos, cando lle concedimos este galardón a José Antonio Novoa.

Como xurdíu a idea de instaurar este premio?

A idea xurde porque a Fundación Amigos de Galicia colabora moito con entidades do movemento asociativo da diversidade funcional (Aspamite, Auxilia,...). Ademais ten experiencia na concesión de galardóns en distintas especialidades, o Premio Gastronómico Lola Torres, a nivel musical está o Premio que leva o nome de Suso Baamonde,... Con todo esto, ao Presidente da Asociación, Jesús Busto, ocorreuselle instaurar un premio para os concellos que se distingan na eliminación das barreiras arquitectónicas e ás persoas que tendo unha diversidade funcional seguen a loitar por unha vida o máis plena posible.

A moitas persoas e medios de comunicación sorprendeulles, na primeira edición na que resultaron premiados José Antonio Novoa e o Concello de Carballo, que este premio levase o nome dunha persoa viva. Isto é algo que non soe pasar.

Cales son as razóns que levaron a galardoar a Anxela López e Asunción Leiceaga?

Esta non é unha decisión persoal, trátase da decisión dun xurado moi cualificado e que mide moito as cousas. De todos os xeitos, creo que unha das razóns de que fosen Anxela e Asunción é a súa firme defensa da figura do asistente persoal, algo que eu sempre defendín. Coñezo casos de persoas que teñen que deitarse a unha determinada hora, cando a súa vida debería ser outra.

Esta figura faise primordial, posto que a libertade é unha das cousas máis esenciais que ten o ser humano e o asistente persoal fai que as persoas con diversidade funcional teñan a vida que queiran e, se me quero deitar ás tres da mañá, poder facelo.

Para que as administracións se dean conta destas necesidades, deberían sentilas en carne propia por un intre. Nunha ocasión fixemos que representantes dos grupos políticos do Concello de Lugo se paeasen en cadeira de rodas pola cidade e, algúns deles, recoñécenme que a súa visión das cousas cambio dende ese momento.

Ademais, sen ser profesional, coido que as administracións fan mal as contas pois está demostrado cos números á vista que a figura do asistente persoal é moito máis rendible que o mantemento do sistema de residencias e ademáis permite vivir onde cada quen considere mellor para sí mesmo. Isto non quere dicir que non se lle ofreza a quen así o prefira a posibilidade de acudir a unha residencia: debe ser unha opción.

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]