Premios Manuel Ignacio Piñeiro

9 de novembro de 2007. Rábade, Lugo

O concello de Pontevedra e Marita Iglesias premiados no 2007

O vindeiro sábado día 1 de decembro terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Rábade a entrega do II Premio Galego á Eliminación de Barreiras Arquitectónicas Manuel Ignacio Piñeiro.

Marita Iglesias premio Manuel Ignacio Piñeiro 2007 (clic para ampliar a foto)Este premio está destinado a premia-la laboura de persoas e institucións que destaquen nas súas actuacións a prol de eliminar todo tipo de limitacións que teñen que sufri-las persoas con algunha minusvalía.

O premio consta de dúas categorías, unha dirixida a aqueles organismos públicos e institucións que destaquen na eliminación de barreiras arquitectónicas que redunden en beneficio de tódalas persoas que sofren algunha minusvalía; e outra dirixida a aquela persoa que pola súa laboura a prol destes colectivos destaque na sua axuda. O premio consistirá en unha escultura feita polo artista galego Luciano Couselo e será unha replica da súa obra-monumento, sito en rábade, en memoria de Joanne Capdeville e un diploma.

O xurado está composto polo alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, o Presidente da Fundación Amigos de Galicia, D. Xesús Busto Peteiro, o presidente de VIgalicia José Antonio Novoa Romay e Aquilino González.

Os premiados son: O concello de Pontevedra e Marita Iglesias, que dende a diversidade funcional e a perspectiva feminina, xunto coa súa independencia persoal e a súa laboura de investigación dende Galiza e España, é un ejemplo para as persoas con diversidade funcional e en especial, para as mulleres.

Este premio está organizado pola Fundación Amigos de Galicia O Grelo en colaboración co Concello de Rábade.

+info: Concello de Rábade

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]