Alejandra espera por un coidador para volver ao colexio

A nena de Catoira con diversidade funcional á que un xuíz permite volver ao colexio da localidade deberá esperar a que Educación envíe a un coidador para facerse cargo da mesma. O luns, os seus pais esperaban que o reingreso de Alejandra nas aulas fose inmediato, pero dadas as circunstancias, darán unha semana de prazo a Educación para que envíe ao persoal específico que se faga cargo das necesidades da alumna.

A principios de curso, Educación deu orde de que a alumna se escolarizase nun centro de educación especial, pero os seus pais negáronse. O xuíz autorizou, como medida cautelar, que volvese ao colexio de Catoira.

11/02/2009 FONTE: LaVozdeGalicia.es

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]