Mónica Forteza: "a accesibilidade non é un acto de solidariedade, é xustiza”

Mónica Forteza é unha persoa con diversidade funcional, usuaria dunha cadeira de rodas eléctrica, que tiña a intención de coller o tren Talgo de RENFE que une A Coruña con Zamora.

Unha vez adquirido un billete e cando se dispoñía a subir ao vagón comunicáronlle que non podería viaxar porque: “o tren non dispón ni dun só oco onde transportar a cadeira”.

Déronlle ducias de explicacións e presentáronlle mil escusas que non arranxan para nada unha situación que, non por repetida, deixa de ser intolerable: a vulneración sistemática dos dereitos das persoas con diversidade funcional no ámbito dos transportes públicos.

Situacións coma a de Mónica véñense producindo con demasiada asiduidade sen que as administracións fagan nada ou respecto.

Sen ir máis lonxe, os membros do Foro de Vida Independiente, Rosa Segrelles e Manuel Lobato tamén viron menoscabados os seus dereitos neste ámbito recentemente pola única razón de ser persoas con diversidade funcional.

No caso de Rosa Segrelles, víuse obrigada a non utilizar o cuarto de baño do tren que a trasladaba de Valencia a Málaga porque a súa cadeira de rodas non collía pola porta, aínda que no tren estaba exposto o símbolo internacional da accesibilidade.

Pola súa banda, Manuel Lobato, tivo que esperar ao día seguinte para realizar unha viaxe entre Madrid e Estepona xa que o autocar non estaba equipado con plataforma elevadora de acceso e non tiña un oco adecuado para transportar a cadeira de rodas.

Isto non se debe á falta de lexislación nesta materia pois o estado español é prodigo en normas sobre accesibilidade no transporte (LISMI, Real Decreto 1544/2007, artigo 9 da Convención da ONU,...). Neste senso, Mónica Forteza apunta que: “na miña opinión existe vontade pero non é suficiente se non deriva en actuación. A accesibilidade segue sendo unha preocupación política residual que sempre se empeñan en etiquetala baixo o lema de solidariedade en vez de xustiza”.

Para Mónica a entrada en vigor da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade: “pode constituír unha porta de defensa dos nosos dereitos” e destacou que quizais sexa necesario difundir máis que as persoas con diversidade funcional somos suxeitos de dereito e non obxectos de políticas caritativas: “tal vez nos falte moita educación ao respecto, sen embargo son optimista e creo que está nas nosas mans. A información e o coñecemento é a forza do cambio”.

Polo momento o Congreso dos Deputados aprobou o pasado 17 de febreiro unha Proposición non de Lei que insta ao Goberno a mellorar a accesibilidade dos trens e estacións de Renfe e ADIF, de forma que a práctica totalidade destes servizos sexan accesibles para todos en 2010. Esperemos que se poña así fin a unha asignatura pendente de todas as administracións públicas dende a aprobación da LISMI no ano 1982.

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]