Adeus a Manuel Lobato

Na mañá do 24 de xuño, faleceu en accidente de circulación o noso compañeiro e amigo, Manuel Lobato.

A súa irreparable perda deixa un baleiro en todas aquelas persoas que tivemos a inmensa sorte de coñecelo e de contaxiarnos do seu entusiasmo e o seu convencimiento de que outra vida é posible para as persoas con diversidade funcional.

Manolo foi un dos fundadores do Foro de Vida Independente en España, unha das persoas máis significadas na loita a prol dos dereitos humanos e un referente en Europa do Movemento de Vida Independente.

Mostrar todo o noso apoio á súa familia nestes momentos tan duros.

Seguro que onde esteas seguirás coa túa loita, que é a de todos nós.

Nunca te esqueceremos.

Descanse en paz

Homenaxe en Derechos Humanos Ya

Declaración Mundial

Logotipo de Paz y diversidad

Contribución das Persoas con Diversidade Funcional a unha Cultura de Paz. Adhírete