Constitúese a primeira Cooperativa de Vida Independente do estado español en Euskadi

O pasado día 9 de xuño constituíuse oficialmente a Cooperativa de Vida Independiente de Euskadi, Bik-Covi. Esta é a primeira experiencia no estado español dunha fórmula de xestión de asistencia persoal que está moi implantada en diversos lugares de Europa (Noruega, Suecia,...) con óptimos resultados tanto para os propios usuarios como para os seus asistentes persoais.

O nacemento de Bik-Covi prodúcese grazas á colaboración entre diversas persoas con diversidade funcional, todas elas membros do Foro de Vida Independiente,e a Diputación de Guipuzcoa que ven de establecer unha comisión de traballo para por en marcha esta cooperativa.

Casos como os da OVI de Madrid, Barcelona ou agora o da cooperativa de Euskadi demostran que a asistencia persoal é unha ferramenta social que serve para crear cidadanía e que ademais é rendible en termos económicos.

A base deste modelo de xestión é o empoderamento, nunha atribución de poder. A idea de que unha persoa con asistencia persoal autoxestionada que controla aos seus asistentes persoais, non é un minusválido , é un empregador, quen ten o poder de decisión.

Este feito, fai que estas persoas sexan respectadas e que a sociedade as vexa como parte activa e fundamental dentro da comunidade dando así cumprimento ao establecido no artigo 19da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Declaración Mundial

Logotipo de Paz y diversidad

Contribución das Persoas con Diversidade Funcional a unha Cultura de Paz. Adhírete