Premios da certame de curtametraxes NADA SOBRE NÓS SEN NÓS
Boiro, novembro de 2009

O pasado sábado, día 14 de novembro de 2009, o xurado do certame NADA SOBRE NOS SEN NOS presidido por Toñito de Poi, coa presenza de Rocío Lizcano, Kiko Fernández Mujico, e Xerardo Piñeiro seleccionou como obras premiadas e distinguidas con mención honorífica as seguintes:
Mellor obra na categoría de documental :
“El río de Marcos” de Cristina Esmerode, Cecilia Touceda, Sonia Montes, Paula Cobas, 10´
Mellor obra na categoría de ficción :
“El escondite” de José Miguel Adamuz Alcalde, 4´45´´
Mencion honorífica da organización:
"Album de familia" de Frank Toro
Mencións honorífica do xurado:
“El vuelo de coco" de Andrés Román Navas, 16´16´´
“A nena que tiña unha soa orella”, de Álvaro León, 13´
“Nos llamaban locos", de Frank Toro, 8´
Destacamos nesta edición a gran participación de obras realizadas en talleres audiovisuais de asociacións do terceiro sector, e que problamente determinarán a inclusión dunha nova categoría a concurso para próximas edicións do certame.
A tamén inestimable colaboración do Concello de Boiro, especialmente da xente da concellaría de cultura, foron determinantes para producir un bo certame que culminou cunha cerimonia de premios pública celebrada na casa do Concello Boirense.
Máis información: AsociacionAmbar.org


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
