Nace en Galicia o segundo Centro de Documentación para a Vida Independente de Europa
A loita polos dereitos humanos e pola igualdade das persoas con diversidade funcional conta agora cun novo instrumento de traballo, o Centro Documental para a Vida Independente (Cedovi) nacido no seo da Universidade de Santiago de Compostela a partir dunha iniciativa das organización Ambar e Vigalicia.
Trátase do segundo banco de información de características similares creado en Europa, xunto co da Universidade de Leeds, en Inglaterra. Este proxecto arroupado pola Consellería de Benestar e Traballo e pola Fundación Vodafone, ten por obxectivo desenvolver e poñer en funcionamento unha plataforma dixital para a recollida e difusión de información sobre o movemento de vida independente e a diversidade funcional, e poñelo á disposición de todos.
O dispositivo, elaborado segundo os estándares de accesibilidade, cumpre co deseño universal, de xeito que calquera persoa poderá consultalo independentemente da diversidade funcional que presente. As novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) vertebran esta plataforma, na que tamén ven incluídas as novas redes sociais, cunha conta asociada de Facebook, blogs e foros.
O dispositivo xa está en funcionamento na web www.usc.es/vidaindependente


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
