VIgalicia entrevístase co Presidente da Xunta
Membros do Movemento de Vida Independente en Galicia (Vigalicia) foron recibidos polo Presidente da Xunta de Galicia. Nesta audiencia puideron informar a Núñez Feijóo sobre os proxectos que esta entidade está a desenvolver para consolidar o Sistema de Asistencia Persoal para persoas con diversidade funcional, baseados nas premisas que avogan pola autoxestión dos recursos polo propios usuarios.
O Presidente e membros do seu Gabinete, a Conselleira de Traballo e a Directora Xeral da Dependencia, mostráronse receptivos ante a idea de consolidar o Sistema Galego de Asistencia Persoal recentemente implantado, para o que continuarán pormenorizando as liñas de traballo xa emprendidas en conxunto con Vigalicia.

![Membros de VIgalicia á entrada de presidencia, en San Caetano [Clic para ampliar la imagen] Membros de VIgalicia á entrada de presidencia, en San Caetano [Clic para ampliar la imagen]](http://www.vigalicia.org/files/IMAXES/feijoo_vigalicia.jpg)

![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
