Carta de VIgalicia á conselleira de educación pola discriminación á rapaza de Catoira

Sra. Conselleira Dona Laura Elena Sánchez Piñón
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia
Edif. Administrativo de San Caetano

20 de agosto de 2008

Sra. Conselleira:

Dirixome a vostede como membro dunha entidade cidadán de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal de ámbito galego, que está a seguir de cerca o desenvolvemento do caso da nena de Catoira de 14 anos con diversidade funcional intelectual, Alejandra Lobato Sumay, un asunto do cal supoñemos está plenamente informada.

Debido a unha decisión unilateral da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, de cambear a modalidade de escolarización da nena para o próximo curso, trasladándoa dende o CPI "El Progreso" de Catoira (Pontevedra) – concello no cal está ubicado o domicilio familiar e o entorno social de Alejandra - hacia o Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, alonxado 15 kilómetros, polo mero feito de non ter soporte técnico e humán para atender o proceso de apredizaxe de Alejandra, parécenos un atentado ós direitos de Alejandra como cidadana deste país tal e como pensábamos que estaban garantizados polo marco normativo de España: LISMI (Ley de Integración Social de los Minusválidos), Leis educativas do Estado, a LIONDAU (Ley de Igualdad de Oportunidades, No Discriminación y Accesibilidad Universal, Ley 51/2003), a mesma Constitución Española de 1978 e a recente Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade -en vigor tamén en España dende o día 3 de maio de 2008.

Por outra banda, a esta entidade nos foi remitida unha noticia difundida pola prensa na cal vemos reflexados datos privados de Alejandra, que son expostos públicamente pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, atentando unha vez máis contra a súa privacidade e amosando, novamente, a falta de respeto hacia unha persoa con diversidade funcional e hacia a súa imaxe e intimidade, o cal significa unha ilegalidade.

Dende a autoridade que nos da ser cidadáns e cidadanas dun país que defende os dereitos humáns de todos os seus habitantes, e dende a autoridade que se nos confire nun estado democrático de ser nós, como electores, os que decidimos quenes son os que nos gobernan e baixo que principios, esiximos que se tomen todas as medidas necesaria para poñer fin a esta situación inxusta, tendo como referente a Convención de Nacións Unidas que no seu Artículo 2, Educación, apartado 2, di o seguinte:

Al hacer efectivo este derecho, los Estados Partes asegurarán que:

  1. Las personas con discapacidad no queden excluidas del sistema de educación general por motivos de discapacidad, y que las niñas y los niños con discapacidad no queden excluidos de la enseñanza primaria y secundaria gratuita y obligatoria por motivos de discapacidad;
  2. Que las personas con discapacidad puedan acceder a una educación primaria y secundaria inclusiva, de calidad y gratuita en pie de igualdad con las demás, en la comunidad en que vivan;
  3. Se hagan ajustes razonables en función de las necesidades individuales;
  4. Se preste el apoyo necesario a las personas con discapacidad, dentro del sistema general de educación, para facilitar su formación efectiva;
  5. Se faciliten medidas de apoyo personalizadas y efectivas en entornos que fomenten al máximo el desarrollo académico y social, de conformidad con el objetivo de la inclusión plena.

Agardamos teña a ben emprender as accións positivas oportunas neste senso, que faciliten o acceso de Alejandra ó sistema educativo desexado, inclusivo, e que se poñan en marcha as medidas apropiadas para facer cumplir a Convención no Sistema Educativo de Galicia de forma efectiva.

Quedamos á súa disposición para calquera aclaración ou colaboración que redunde no respecto aos dereitos das persoas con diversidade funcional.

Atentamente,

José Antonio Nóvoa Romay
Presidente de VIgalicia