Os pais de alejandra denuncian á delegación de educación pola difusión de datos privados da súa filla
José Lobato e Mónica Sumay, pais da nena con diversidade funcional intelectual natural de Catoira á que a Delegación Provincial da Consellería de Educación quere obrigar a escolarizar nun centro de educación especial, veñen de presentar unha denuncia ante a Inspección da Axencia Estatal de Protección de Datos contra a propia Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O motivo de dita denuncia son unhas declaracións do Delegado da Consellería, Cristobal Fernández, á axencia de noticias Europa Press, realizadas o pasado 28 de Agosto, nas que revelava datos referentes ao historial médico de Alejandra. En opinión de Mónica Sumay: o delegado fixo estas declaracións para poder xustificar unha decisión de todo punto de vista inxustificable posto que vulnera os dereitos humanos da miña filla.
Segundo consta na denuncia presentada os feitos van en contra do expresado no Artigo 10 da Lei Orgánica de Protección de Datos de Caracter Persoal (por vulneración do deber de secreto en relación ao artigp 7.3 de dita norma).
Esta actuación da Delegación Provincial de Educación é outra mostra máis do pouco respeto aos dereitos humanos de Alejandra e ven a agravar o feito de que se lle obrigue a esciolarizarse nun Centro de Educación Especial (en Vilagarcía) en lugar de seguir a cursar os seus estudios no CPI Progreso de Catoira como viñera facendo ata o de agora.
VIgalicia apoia a Alejandra e a súa familia na súa reivindicación e quere denunciar esta sitituación por considerala unha vulneración dos dereitos humanos dunha persoa e unha discriminación polo simple feito de posuír unha diversidade funcional, neste caso, de índole intelectual.


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
