Persoas con diversidade funcional constitúen unha plataforma e reclaman o seu dereito á asistencia persoal e á vida independente

Grupo de usuarios metidos na gaiola (clic para ampliar a imaxe)Na mañá do pasado 26 de setembro un grupo de usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal chegados das catro provincias galegas reuníronse nas inmediacións da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, para reclamar a continuidade das condicións de dito proxecto piloto xa que este é: unha ferramenta social básica para que sexamos cidadáns iguais a todos os demais.

Para facer esta reivindicación, este grupo de persoas, entre as que se atopaban varios membros de VIgalicia, encerráronse dentro dunha gaiola para simbolizar a situación na que viven estas persoas si non dispoñen de asistencia persoal.

O presidente de VIgalicia e membro do Foro de Vida Independente, José Antonio Novoa, declarou que: levamos a cabo esta acción reivindicativa en defensa dos nosos dereitos humanos. A Vicepresidencia da Xunta parece non estar disposta a que dispoñamos de asistentes persoais para poder ser cidadáns de primeira categoría.

José Antonio Novoa durante a súa declaración ante a prensa (clic para ampliar a imaxe)En palabras de Novoa: neste momento estásenos a dicir que temos que pagar unha peaxe pola nosa asistencia persoal. Parécelles excesivo o investimento en asistencia persoal para facer cidadáns libres.

Para Novoa a administración fala de prezo namentres que estas persoas falan de valor: o valor da súa liberdade e independencia e a do seu entorno. A administración terá que decidir se quere ter cidadáns libres ou ter cidadáns vivindo engaiolados en cavernas.

A reivindicación deste colectivo de persoas é que: os 30 usuarios do proxecto piloto sigan a dispoñer da prestación de 1.300 euros mensuais para continuar o seu proxecto vital sen ter que pagar ningunha peaxe como non a paga quen se trasplanta un ril ou vai a escola.

Grupo de usuarios metidos na gaiola (clic para ampliar a imaxe)Novoa recordou que foi o Parlamento de Galicia, mediante unha proposición non de lei, o que instou á Vicepresidencia a por en funcionamento este Proxecto Piloto de Asistencia persoal: non para probar si a asistencia persoal é unha boa solución, xa está máis que probado e demostrado que é unha ferramenta de liberación e que constrúe cidadáns. Non sabemos o que pasa en Galicia, ¿acaso queren ter minusválidos?.

Esta é unha cuestión de Dereitos Humanos tal e como se expresa no artigo 19 da Convención da ONU polos Dereitos das persoas con Discapacidade: todas as persoas que o precisen, teñen deito a ter asistencia persoal para poder levar unha vida independente dentro da súa comunidade.

Novoa asegurou que: non se pode consentir que un goberno gaste tres, catro ou 5.000 € nunha praza residencial e que, sen embargo, sexa reticente a investir 1.300 € en liberdade.

Grupo de usuarios metidos na gaiola (clic para ampliar a imaxe)A situación na que están a vivir estas persoas e de total incerteza e precariedade o cal é: unha situación inadmisible nun estado que presume de ser unha potencia económica e que fai accións faraónicas, pero no que unha circunstancia da vida ou o feito de nacer con unhas características diferentes te pode facer vivir en precario de xeito permanente.

LIBERTAD; LIBERTADDD

Despois de leer La Voz de Galicia de hoxe, teño que decir que a min non me representa o Presidente de esa asociación, so me represento eu a min mesmo.
Espero que a Vicepresidencia da Xunta n egocie con nos, non cos que din que nos representan.
LIBERTADE,LIBERTADE....

La fuerza que os acompaña

Somos vulnerables, estamos dispersos, nos hacen invisibles, pero podemos cambiarlo todo.
Los que estabais hoy en Santiago no estabais solos.
Os acompañaban las fuerzas de quienes deseamos lo mismo que vosotros y no estábamos allí porque nos faltan los medios para estar. Y no es porque no tengamos las mismas ansias de independencia.
Tenemos que luchar con todas estas fuerzas, en todas partes y por todos los medios posibles.
Podemos cambiarlo todo porque tenemos la mayor fuerza que existe que es el deseo de libertad y de igualdad.
Por fin vemos un camino y ahora no se puede parar.

Ánimo! temos que conseguilo,

Ánimo! temos que conseguilo, a única forza somos nós

La union hace la fuerza

Quien lucha por su dignidad, por la igualdad, por ser libre...mírale a los ojos y verás el empuje que se necesita dia a dia para simplemente decir... Buenos Dias.

Mi abuelo me enseño unas frases que con el correr del tiempo jamas se me han olvidado y en ocasiones especiales como esta donde juegan con varias vidas vuelvo a recordarla.

" Si algunas vez tropiezas en la vida.. trata de caerte de rodillas, porque cuesta menos pararse"

El ser humano que se levanta, aun es más grande que el que no ha caido.

quiero regalarles un ramillete de esperanzas y buenos deseos .
Animo, que las guerras se ganan muchas veces con batallas perdidas

Navegación

Boletín VIgalicia

Información periódica de VIgalicia no teu correo.

Derechos Humanos YA!

Logo Derechos Humanos YA!
derechoshumanosya.org
Los derechos y la dignidad de las personas con diversidad funcional

VIgalicia, membro da ENIL