Xornada aberta sobre asistencia persoal e vida independente
Xustificación:
Divulgar e, ao mesmo tempo, afondar nas características do sistema de Asistencia Persoal como alternativa á institucionalización.
Dirixido a (principalmente):
- Usuarios/as do proxecto piloto de asistencia persoal.
- Persoas con diversidade funcional con necesidade de asistencia.
- Entidades públicas e privadas no ámbito da diversidade funcional.
- Individuos en xeral.
Data:
18 de outubro de 2008
Lugar:
Monte da Condesa, Campus Universitario - Santiago de Compostela. http://www.usc.es/es/servizos/sur/residencias/condesa/. (É un lugar accesible en acceso e baño. O comedor é universitario e económico).
Duración:
De 11:00 h. a 19:00 h.
Inscrición:
Gratuíta. Por favor, informar de asistencia antes do 15 de outubro enviando unha mensaxe a: vigalicia@vigalicia.org ou chamando ó: 981 512 115 en horario de 16:30h a 20:30h.
Prazas limitadas
Programa:
11:00 h. Características e organización dun sistema de asistencia persoal baixo o paradigma da Vida Independente.
Poñente: Juan José Maraña, membro de VIgalicia.
Charla
12:00 h. Pausa
12:30 h. Experiencia persoal no uso da Asistencia Persoal.
Poñente: Alejandro Rodríguez Picavea, membro do Foro de Vida Independiente.
Charla
14:00 h. Pausa para comer
16:30 h. Experiencia de usuarios/as do Piloto AP
Poñentes: Membros do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal
17:30 h. Futuro Sistema AP: constitución de estruturas que soporten servizos de asistencia persoal.
Poñente: Antón Novoa, membro de VIgalicia
Charla
19:00 h. Fin



![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
