Oficina de Vida Independente de Galicia (OVI)

A Plataforma do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama diálogo con Vicepresidencia

La Voz de Galicia

A Plataforma de Usuarios e Usuarias do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal reclama unha resposta da Vicepresidencia da Xunta á carta que enviaron o xoves, na que solicitaban unha entrevista con Anxo Quintana para dialogar sobre a súa situación e tratar de atopar unha solución que non comprometa a nosa igualdade de oportunidades e permítanos unha vida digna. Esta Plataforma, integrada por persoas de varios lugares de Galicia, que constituíron a entidade Vigalicia, con sede en Santiago, afirma que quere dialogar directamente e non sente representada por ningunha outra entidade.

VIGalicia denuncia a paralización dun proxecto de asistencia persoal

Aarón López. AGN.

A asociación VIGalicia denunciou este venres en Santiago a finalización do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal que se puxo en marcha o mes de outubro do ano pasado, o que implica a retirada dos asistentes persoais que atendían aos 30 beneficiarios do proxecto.

Encerrado nunha gaiola na súa cadeira de rodas, Antonio Nóvoa defendeu a asistencia persoal de crear cidadáns en pé de igualdade e apoiouse no artigo 19 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, onde se define o seu dereito á asistencia persoal que sexa necesaria para facilitar a súa inclusión na comunidade.

Aclaracións da plataforma ante as informacións aparecidas en prensa o día 27

A Plataforma de Usuarios e Usuarias do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal, ante as informacións aparecidas en prensa o día 27 de setembro de 2008, quere manifestar as seguintes aclaracións:

  1. É certo que a FUNGA se puxo en contacto con algúns dos usuarios do devandito Proxecto Piloto para informar da prolongación, por espazo de un ou dous meses, das condicións do mesmo. Aínda así en ningún momento se garante que, ao final deste período, se lle de unha solución á situación de incertidume á que se ven sometidas estas persoas e se manteñan as condicións establecidas no proxecto.
  2. A Plataforma de Usuarios e Usuarias do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal quere desautorizar a calquera persoa ou entidade (COGAMI) que pretenda erixirse en portavoz dos usuarios e negociar sobre as nosas necesidades. Só nós sabemos cales son as nosas demandas e só nós somos quen de gobernar as nosas vidas. Por eso é con nós con quen ten que falar a Vicepresidencia.
  3. A plataforma segue a esperar unha resposta por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galicia á carta remitida o pasado xoves 25 de setembro pedindo unha entrevista co Vicepresidente para poder analizar a situación e atopar unha solución que non comprometa a nosa igualdade de oportunidades e nos permita unha vida digna.

Persoas con diversidade funcional constitúen unha plataforma e reclaman o seu dereito á asistencia persoal e á vida independente

Grupo de usuarios metidos na gaiola [Clic para ampliar a imaxe]

Na mañá do pasado 26 de setembro un grupo de usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal chegados das catro provincias galegas reuníronse nas inmediacións da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, para reclamar a continuidade das condicións de dito proxecto piloto xa que este é: unha ferramenta social básica para que sexamos cidadáns iguais a todos os demais.

Para facer esta reivindicación, este grupo de persoas, entre as que se atopaban varios membros de VIgalicia, encerráronse dentro dunha gaiola para simbolizar a situación na que viven estas persoas si non dispoñen de asistencia persoal.

La xunta de Galicia olvida las necesidades de las personas con diversidad funcional

30 personas dependientes claman por sus derechos.

Carlos Pampillón - Elmundo.es

El pasado 23 de septiembre el Subdirector General de Discapacidad de la Xunta de Galicia, Modesto Rouco y la Directora de la FUNGA, Pilar Couce, reunieron a 30 personas en situación de dependencia, participantes de un Proyecto Piloto de Asistencia Personal, junto con sus asistentes personales, a fin de explicarles cual será la situación a partir del 30 de septiembre, fecha en la que finaliza el citado proyecto.

Lo que se pretendía con este proyecto piloto es que los usuarios adquiriesen las habilidades para poder llevar a cabo su propio servicio, señaló Pilar Couce.

Según la directora, a partir del próximo 30 de septiembre estas personas tendrán que acudir a las cuantías que la Ley de promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia (LEPA) contempla para aquéllas evaluadas en el grado III de la misma, en sus niveles 1 y 2.

Denuncian la retirada de asistente a 30 personas con diversidad funcional

La asociación Vigalicia de asistencia personal para la vida independiente, tras la reunión que mantuvieron el pasado martes con el subdirector xeral de Discapacidade Vicepresidencia, Modesto Rouco, han decidido crear una asamblea de afectados por la finalización del Proyecto Piloto de Asistencia Personal. Según esta asociación, la retirada de los asistentes personales que conlleva el remate de este proyecto supone "un recorte" y "un paso atrás" que dejará a las treinta personas que participaron en el proyecto desatendidas.

Solicitude de entrevista con Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta

Sr. D. Anxo Quintana González
Vicepresidente da Xunta de Galicia.
Edif. Administrativos da Xunta de Galicia
San Caetano, s/n.
15701 – Santiago de Compostela
A Coruña.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2008.

Sr. Vicepresidente:

Dirixímonos a vostede en calidade de cidadáns usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal establecido pola Xunta de Galicia a través da Fundación galega para o impulso dá autonomía persoal ea atención as persoas en situación de dependencia (FUNGA).

O pasado día 23 de setembro o Subdirector Xeral de Discapacidade dá Xunta de Galicia, D. Modesto Rouco, acompañado dá Directora dá FUNGA, Dª Pilar Couce, reuniron as 30 persoas participantes neste Proxecto Piloto de Asistencia Persoal no edificio da Xunta de Galicia, xunto aos seus asistentes persoais a fin de explicarlles cal sería a súa situación a partir do 30 de setembro, data na que remata o citado proxecto.

Compañeiros e compañeiras do proxecto piloto de asistencia persoal

Despois da xornada informativa que vivimos onte na Xunta, presidida pola directora da FUNGA e máis o subdirector xeral de discapacidade para informar da finalización do proxecto piloto de AP, VIgalicia quere comunicarvos o seguinte:

1º Conclusións acadadas despois da xornada do martes:

  • Queren disolver o proxecto sen máis explicacións.
  • Queren usar os baremos da Lei de Dependencia como criterio excluinte para aqueles usuarios e usuarias que non acaden o Grao III, nivel II e I
  • Deixan fora a toda persoa que non se someta a valoración segundo establece dita lei ainda que precise axuda de outra persoa para a vida diaria.
  • Disminuen as prestacións.
  • Desaparece o complemento de axuda de 3ª persoa das nosas pensións.
  • Aplicarán o copago.
  • Teremos que ou ben darnos nós de alta como empresarios para poder contratar o noso AP ou ben será o AP que o faga.
  • Só, se adxudicará AP se estudiamos ou traballamos.
  • Non se esta a cumprir co ideario do Movemento de Vida Independente no que se basa un sistema de asistencia persoal.

A Vicepresidencia da xunta esquece as necesidades asistenciais das persoas con diversidade funcional

30 persoas en situación de dependencia claman polos seus dereitos humanos

Pilar Couce directora da FUNGA e Modesto Rouco subdirector Xeral de Discapacidade[Clic para ampliar la imagen]

Na tarde do pasado 23 de setembro o Subdirector Xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia, Modesto Rouco, acompañado da Directora da FUNGA, Pilar Couce, reuniron a 30 persoas en situacion de dependencia participantes nun Proxecto Piloto de Asistencia Persoal, xunto aos seus asistentes persoais, a fin de explicarlles cal será a situación a partir do 30 de setembro, data na que remata o citado proxecto.

A delegación de educación impide a escolarización da nena de catoira

Na mañá de hoxe a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Educación deu un paso máis na vulneración dos dereitos humanos de Alejandra a nena con diversidade funcional intelectual de Catoira á que lle negan o seu dereito a escolarizarse nun centro ordinario.

Mónica Sumay levou a súa filla ao CPI Progreso, centro no que cursou os seus estudios ata o de agora en compañía dos seus irmáns e dos seus compañeiros, e negáronlle a entrada ao mesmo alegando que: había unha orde da Delegación de Educación que obrigaba a escolarizar a Alejandra no Centro de Educación Especial de Vilagarcía. Ante esta situación Sumay optou por levantar acta notarial deste feito que, en palabras da nai de Alejandra, é: unha vulneración clara do meu dereito de escolarizar aos meus fillos no centro educativo que eu decida. A lei ampárame.

Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]