Noticias

Noticias

Anxela López Leiceaga premiada pola Fundación Amigos de Galicia

Asunción Leiceaga xunto a súa filla Anxela López, FOTO: Patricia Santos

Na mañá do pasado 3 de decembro, a Secretaria de Organización de Vigalicia e activista polos dereitos humanos Anxela López, recibiu ex aequo xunto coa súa nai, Asunción Leiceaga, o Premio Manuel I. Piñeiro “Pallín” que cada ano concede a Fundación Amigos de Galicia.

A Casa do Concello de Rábade foi o escenario da entrega destes III PREMIOS MANUEL I. PIÑEIRO ‘PALLIN’ nas categorías de eliminación de barreiras arquitectónicas, que recaeu no Concello de Laxe, e na categoría persoal. O Voceiro da Fundación Amigos de Galicia, Luis Rial, foi o encargado de presentar este acto de entrega de Premios.

A asociación INTEGRO organiza unhas xornadas sobre muller e diversidade funcional

Os pasados 29 e 30 de Novembro a Asociación INTEGRO organizou unhas xornadas baixo o título de Muller e diversidade funcional no medio rural: visibilidade da diversidade.

Na tarde do día 29 o Centro Social de Neaño (Cabana de Bergantiños) foi o escenario no que se inaugurou este evento coa presentación do mesmo a cargo de Tereixa Novo Arrojo, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, José Muíño Domínguez, Alcalde de Cabana de Bergantiños, e do Presidente de INTEGRO, Adolfo López Baña. Os tres coincidiron na importancia de celebrar xornadas coma esta a fin de dar maior visibilidade ás persoas con diversidade funcional en xeral e ás mulleres en particular e animaron a INTEGRO a seguir traballando nesta liña.

Os pais de Andrés García reclaman o dereito á educación inclusiva do seu fillo

Os pais de Andrés García, un neno vigués de 10 anos cun Trastorno do Espectro Autista, non saíron do seu asombro cando recibiron unha comunicación da Delegación Provincial da Consellería de Educación en Pontevedra, na que se lles comunicaba o cambio de centro educativo no que cursaría estudos o seu fillo.

Segundo dita comunicación, un informe que obra en poder da Delegación de Educación ao que os pais do pequeno non tiveron acceso, aconsella sacar a Andrés do Colexio María Inmaculada Irmás Carmelitas de Vigo (dotado dun aula de educación especial) para escolarizalo no Centro Menela de Educación Especial.

Nova edición do certame de curtametraxes “nada sobre nós sen nós”

Os pasados 8 e 9 de Novembro tivo lugar unha nova edición do certame de curtametraxes NADA SOBRE NÓS SEN NÓS que cada ano organiza a Asociación ÁMBAR en colaboración co Concello de Boiro.

Na tarde do venres día 8 tivo lugar na Casa da Cultura de Boiro un cinefórum no que se proxectaron dúas creacións audiovisuais e se deu paso a unha interesante charla-coloquio no que se debateron diferentes aspectos relacionados coa diversidade funcional. En concreto proxectáronse as pezas “MAE, PAE, FILHO” e “ESPIRAL”.
En “MAE, PAE, FILLO” amósase un día na vida dunha familia brasileira na que a nai e o pai posúen unha diversidade funcional o que non lles impide ter unha vida plena en todos os aspectos (na cinta móstrasenos o traballo da nai como pediatra nun hospital). Unha obra que reflicte como as persoas con diversidade funcional poden facer unha vida completamente normal se non “se lles impide con circunstancias que poden acabar por confinalos en asilos-residencia” como declaraba un dos asistentes ao coloquio.

Certame de curtametraxes “nada sobre nós sen nós” 08

A estátua da liberdade en cadeira de rodasVenres día 7

18:30 h. CINEFÓRUM na Casa da Cultura

Proxeccións:

  • Mae, pae, filho
  • Espiral

Invitado: Manuel Lobato (FVI)

Sábado día 8

10:30 h. Reunión do xurado na Casa da Cultura

19:00 h. Proclamación de premios na Casa do Concello

Mesa redonda de andaina sobre muller e diversidade funcional

Na tarde do pasado 28 de outubro, a revista galega de pensamento feminista Andaina celebrou unha Mesa Redonda-Debate sobre Muller e Diversidade Funcional. A cita tivo lugar na Fundación Granell (Santiago de Compostela) ás 19:00 horas. En dita mesa redonda participou a membro de VIgalicia e do Foro de Vida Independente, Anxela López.

A primeira intervención correu a cargo de Isabel Lodeiro, membro do Foro de Vida Independiente, que foi a encargada de coordinar os expedientes sobre diversidade funcional que publicou a revista Andaina nos seus números 48 e 49.

Xornada aberta sobre asistencia persoal e vida independente

Na mañá do pasado sábado 18 de Outubro tivo lugar na Residencia Universitaria Monte da Condesa unha Xornada Aberta sobre Asistencia Persoal e Vida Independente organizada pola Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente Galicia (Vigalicia). Dita Xornada foi un punto de encontro onde se tratou acerca do ideario de Vida Independente e de como se está a levar a cabo a implantación en Galicia dos servizos de asistencia persoal en comparación a outros puntos do estado español ou mesmo en relación a outros países europeos.

Juan José Maraña[Clic para ampliar la imagen]

A primeira intervención, ás 11:00 horas, correu a cargo de Juan José Maraña, membro tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente. Maraña fixo un repaso á evolución histórica da situación das persoas con diversidade funcional dentro da sociedade ata o nacemento e difusión do modelo de Vida Independente. En palabras de Maraña este repaso é necesario xa que: se sabemos onde estamos, trabucarémonos menos.

Participantes no Proxecto de Asistencia Persoal manteñen dúbidas sobre o futuro

A asociación VIgalicia (Vida Independente Galicia) celebrou onte na residencia Monte dá Condesa un encontro no que algúns dos participantes no Proxecto de Asistencia Persoal de Galicia mostraron as súas dúbidas respecto ao futuro desta prestación, afirma José Antonio Novoa, portavoz do colectivo.

Durante ou último ano tivemos financiamento para 40 horas semanais, e agora parece que se reducen a 27, que resultarán insuficientes, só para atender as necesidades máis básicas, afirma Novoa.

No encontro expuxéronse outras experiencias, realizadas en Madrid e Barcelona tamén recentemente, onde houbo casos que chegaron a dispor de 16 e mesmo 20 horas de asistencia diaria, ou que aqui non se conseguiu. VIgalicia insistirá para que se cumpra ou aprobado non Parlamento autonómico por unanimidade e que non haxa pasos para atrás, sostén Novoa.

Xornada aberta sobre asistencia persoal e vida independente

Xustificación:

Divulgar e, ao mesmo tempo, afondar nas características do sistema de Asistencia Persoal como alternativa á institucionalización.

Dirixido a (principalmente):

  • Usuarios/as do proxecto piloto de asistencia persoal.
  • Persoas con diversidade funcional con necesidade de asistencia.
  • Entidades públicas e privadas no ámbito da diversidade funcional.
  • Individuos en xeral.

Data:

18 de outubro de 2008

Reunión da Plataforma de Usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal con María Xesus Lago e Bieito Seara

Membros da plataforma momentos antes da reunión [Clic para ampliar a imaxe]

Na maña de hoxe, 2 de outubro, un grupo de persoas con diversidade funcional pertencentes á Plataforma de Usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal foron recibidos pola Secretaria Xeral de Benestar Social, María Xesus Lago, e polo Director Xeral de Acción Social, Bieito Seara, para manter unha reunión informativa na que tratar o futuro das 30 persoas con diversidade funcional que, ata o pasado 30 de setembro, formaron parte do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal. En dita reunión os representantes de Benestar informaron do seguinte:

  1. O proxecto piloto continua sine die coas 30 persoas que participan nel, coas mesmas condicións que ata o de agora e ata formalización do sistema galego de AP.
  2. Todos os participantes recibiran por escrito de xeito individualizado esta información.
Syndicate content

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]