Corpos pendurados de fíos

Interveñen na Xornada: Asistencia sexual. Un dereito para a diversidade funcional

Dyon

Dyon Asistente Sexual
Dyon é práctico de terapias naturais e asistente persoal e sexual. Estudou Naturopatía e varias técnicas de terapias holísticas, como Musicoterapia, Fitoterapia, Reflexoloxía, Quiromasaxe, Terapia Zen e Masaxe Tántrico, entre outras. Actualmente é asesor en cuestións de acompañamento íntimo e erótico en Tandem Intimity.

O rol do asistente sexual é responder a todas as necesidades e desexos da persoa con diversidade funcional. Interactuar coa sexualidade de cada persoa sen importar o físico. Aproveitar a condición de cada corpo para xerar e facer circular a enerxía sexual do devandito corpo.

Título da intervención: “Testemuño dun Asistente Sexual”.


Antonio Centeno

Antonio Centeno
Barcelonés, profesor de matemáticas e activista do Foro de vida independente.

Canda a Raúl de la Morena é autor do destacado documental Yes, we fuck! que aborda a sexualidade das persoas com diversidade funcional. ¿Que pode achegar a realidade da diversidade funcional á sexualidad humana en xeral?

Participa na curta Nexos e noutros traballos audiovisuais, e no grupo de autoxestión de asistencia sexual Assex.

Traballa para o recoñecemento, valoración e goce das diferencias humanas, para que a visibilidade, a presenza e a participación das persoas con diversidad funcional acheguen valores e riqueza humana á construcción dunha sociedade que sea mellor para todo o mundo.

Título da intervención: “Empoderamento e disidencias desde a sexualidade das persoas con diversidade funcional”.


Emma Placer Noriega

Emma Placer Noriega
Sexóloga, directora, formadora e terapeuta en Salud&Placer. (Escola-Gabinete de Sexoloxía). Proxecto multidisciplinar que engloba desde a consulta individual, até talleres, cursos e asesoramento a empresas.

Docente na UNED departamento Metodoloxía das Ciencias do Comportamento (Facultade de Psicoloxía) Onde ademais colabora activamente en labores de investigación e divulgación.

Tamén imparte relatorios e charlas para proxectos iberoamericanos de formación psicolóxica/sexolóxica online.

Colaboradora e voluntaria en APAMP VIGO onde imparte charlas e talleres sobre sexualidade en persoas con Parálise Cerebral, nun proxecto conxunto co psicólogo do centro.

Desde hai 10 anos dirixe, coordina e asesora ao grupo de franquías dedicadas á Xoguetería Erótica “El Placer Jugueteria

Presentadora de TV e habitual colaboradora en Radio e Prensa. Na actualidade o seu novo proxecto televisivo está a piques de estrearse e tratará sobre a sexualidade en todas as súas dimensións e será de difusión para 85 cadeas locais de toda España.

Título da intervención: “Abordaxe da sexualidade en persoas con diversidade funcional”.


María Clemente

Psicóloga e xerente de Tandem Team Barcelona, unha organización sen ánimo de lucro que no só divulga senón que serve de enlace entre usuarios e asistentes sexuais.

O usuario que quere descubrir ou retomar a súa sexualidade ponse en contacto co servizo Tandem Intimity. María faille unha entrevista na que explica como funciona a asistencia, coñece o seu perfil e escoita as súas necesidades. Despois, busca entre o persoal de asistentes á persoa que mellor encaixe co usuario. É importante, que poida haber feeling, unha conversación, risas… Non só sexo.

Está moi familiarizada coa diversidade funcional, tivo unha relación de 5 anos cunha persoa con tetraplexia. Con el deuse conta do cambio que supón para unha persoa con diversidade funcional sentirse amado/a. É básico que todos nos sintamos dignos de ser amados.


Anxela López Leiceaga

Anxela López Leiceaga

Licenciouse en dereito na USC e durante oito anos foi asesora xurídica no movemento asociativo tradicional. Na actualidade é Xestora Administrativa e desde o 2010 Presidenta de VIgalicia.

Membro do Foro de Vida Independiente desde os seus inicios, no 2006 xunto cos outros membros do FVI en Galicia, funda a entidade VIgalicia, promotora e impulsora do proxecto de Asistencia Persoal e precursora do proxecto de Asistencia sexual que se vai iniciar en Galicia.

Participou no proxecto Yes, we fuck, un documental que quere facer visible o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todos, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, poidamos gozar do sexo.

Título da intervención: “Asistencia sexual, aplicación en Galicia”.


Francesc Granja

Francesc GranjaEstudou ciencias empresariais e traballou durante varios anos como executivo de marketing e consultor. Agora é coach, divulgador motivacional e escritor. É autor do libro Vivir el sexo, onde explica que tras a súa lesión medular consiguiu deixar atrás a súa sexualidade instintiva e darlle a benvida a un tipo de sexualidade moito máis consciente e completa.

A súa paixón é defensa da singularidade a través da toma de conciencia. É presidente de Tandem Team Barcelona e impulsor do proxecto Tandem Intimity, a primeira proposta explícita para ofrecer un acompañamento íntimo e/ou sexual ás persoas con diversidade funcional.

Título da intervención: “A/o acompañante íntimo e/ou erótico para a diversidade funcional: Unha figura en construcción”.


Martina González Veiga

Martina González VeigaPsicóloga Sanitaria e Sexóloga. Fundadora do Centro de Sexoloxía Con mucho gusto! adicado a terapia sexual e de parella, obradoiros, formación e educación sexual, divulgación e asesoramento e venta de xoguetería erótica.

Vogal da Sociedade Galega de Sexoloxía e membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica.

Colaboradora habitual de diversos medios de comunicación de ámbito local e nacional. Actualmente ten unha sección semanal, os luns de 10:30 a 11:00h na Radio Galega, “Consellos con Sexo”. E escribe os artigos da sección Sexualízate na Universitaria Revista Comunicampus.

Directora das “V Xornadas Galegas de Saúde Sexual“, co lema “Diversidade Sexual: Tantas Sexualidades como Persoas”, celebradas en Pontevedra este mes de novembro.

Título da intervención: “Diversidade Funcional e Sexualidades: Unha cuestión de dereitos”.