Presentación de VIgalicia na Fundación Paideia
Onte as 19h tivo lugar, no salón de actos da fundación Padeia a presentación pública de VIGALICIA, primeira asociación galega e do estado de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal (todos eles persoas con necesidade de asistencia persoal para a vida diaria). VIGALICIA, promovida por membros do Foro de vida independente, foi constituída en xuño de 2006 como unha ONG de dereitos humanos que xurde inspirada polos principios igualdade, liberdade e autodeterminación..
O acto foi presentado pola Presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, quen felicitou ao grupo de VIGALICIA, pero quixo deixar constancia de todo o esforzo que se leva realizando por parte de outras asociacións como a AIND, CONFAPA e outras persoas anónimas que foron realmente pioneiros no intento de cambio real na vida con diversidade funcional a través da integración escolar e da integración sociolaboral.
Falou de seguido Antón Nóvoa, portavoz da Asociación VIGALICIA, quen salientou a importancia do nacemento desta entidade no momento en que se está a perfilar o modelo de atención dentro da Lei da Promoción da Autonomía Persoal. Pretendese restituír a estes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos cidadáns, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións. Este movemento nace da necesidade de dirixir e ser responsable das nosas vidas, do dereito a equivocarnos e asumir riscos, pero tamén participar activamente no deseño dos servizos e dos recursos e medios que vamos a recibir.
VIGALICIA foi tamén precursora da recente aprobación polo Parlamento de Galicia da proposición non de lei para a posta en marcha dun proxecto piloto de asistencia persoal, polo que VIGALICIA leva traballando hai xa 20 meses coa Xunta de Galicia. Agardamos a decisión de Vicepresidencia, mais parece que non é o noso proxecto o que se vai a aprobar, senón outro, ao que se sumaron outros interlocutores oportunistas, que ao mesmo tempo que promoven novos centros de reclusión, pretenden estar preparados para promover proxectos de vida independente.
Proxectouse un documental de ULOBA, Cooperativa Norueguesa para a vida independente, no que se expuxeron varias experiencias de Asistencia Persoal de persoas con diversidade funcional física, psíquica e sensorial, no que queda ben claro o significado do modelo de Vida Independente: A superación da concepción da persoa con diversidade funcional como suxeito pasivo, simple receptor de coidados e de decisións de instancias alleas.
Rematou o acto con un pequeno coloquio


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
