Publicacións
Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago
Intervención de José Antonio Novoa
Escoitar a intervención (mp3 16,6 Mb)![]()
A xornada rematou coa intervención do Presidente de VIgalicia e membro do Foro de Vida Independente, José Antonio Novoa. Antes de dar comezo á súa exposición, Novoa proxectou dous testemuños de usuarios da cooperativa de asistencia persoal ULOBA de Noruega.
Ao finalizar a proxección, Novoa asegurou que: cada vez que poñemos este vídeo alguén di que está moi ben pero que é unha utopía. Eu creo que as persoas que aquí saen son coma nós e levan unha vida plena igual á de outras persoas no mesmo entorno. Outra das cousas que din é que iso é en Noruega e alí son ricos, en cambio, os nosos amigos noruegueses aseguran que os ricos somos nós xa que, doutro xeito non se explica o desbaratamento e a maneira de priorizar os intereses que ten este país. Non se trata dunha cuestión de cartos, senón que como se enfoquen as ferramentas sociais.
Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago
Intervención de usuarios do proxecto piloto
Escoitar a intervención (mp3 10,5 Mb)![]()
A terceira intervención correu a cargo de Anxela López e Xosé Francisco Fernández Mujico, membros tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente, que relataron a súa experiencia como usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal de Galicia.
López fixo un repaso cronolóxico do que foi a evolución de dito Proxecto: no ano 2005, coincidindo co cambio de goberno, solicitámoslle tanto ao Presidente Touriño como ao Vicepresidente Quintana un Proxecto de Asistencia Persoal e Asistencia Tecnolóxica coa finalidade de obter unha ferramenta que nos permitise estar en igualdade de condicións co resto dos cidadáns.
Este Proxecto quedou nas mans da Secretaría Xeral de Benestar Social e a interlocutora principal foi María Xesús Lago: a Secretaria Xeral foi receptiva á implementación dun Proxecto Piloto á imaxe e semellanza dos existentes en Madrid e Barcelona, baseado no ideario de vida independente e, cando estaba a piques de pórse en marcha, unha entidade apareceu en escena tomando decisións que desvirtuaron o obxectivo inicial para o que foi creado que non era outro que a vida independente. O proxecto pasou a ser unha mera ampliación da axuda a domicilio, con 40 horas de asistencia semanais.
Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago
Experiencia persoal no uso da Asistencia Persoal
Escoitar a intervención (mp3 18,7 Mb)![]()
O seguinte en tomar a palabra foi Alejandro Rodríguez Picavea, membro do Foro de Vida Independente e usuario do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal da Comunidade de Madrid.
O primeiro ao que se referiu foi ao termo diversidade funcional: eu, e moitas das persoas do foro, cremos que as palabras moldean o pensamento. Se falas en positivo pensas en positivo. Vimos de termos como enfermo, subnormal, diminuído, discapacitado,... estas denominacións fan que se interiorice que se é diferente e menos que os demais. O termo diversidade funcional non é nin positivo nin negativo, tan só fai referencia ás diferentes formas de funcionar das persoas (o que non indica que sexamos menos capaces nin menos válidos que ninguén). No fondo todas as persoas funcionan de xeitos diferentes pero a nós discrimínasenos polo nosos xeito de funcionar e aí toma sentido o termo diversidade funcional.
Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago
Características do paradigma da Vida Independente
Escoitar a intervención (mp3 17,5 Mb)![]()
A primeira intervención correu a cargo de Juan José Maraña membro tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente. Maraña fixo un repaso á evolución histórica da situación das persoas con diversidade funcional dentro da sociedade ata o nacemento e difusión do modelo de Vida Independente. En palabras de Maraña este repaso é necesario xa que: se sabemos onde estamos, trabucarémonos menos.
Para Maraña: o movemento de Vida Independente e a sociedade están desconectados xa que, ata este momento actual, a historia da humanidade considerou ás persoas con diversidade funcional máis como un produto do sistema no canto de ser vistos como cidadáns: somos un negocio (pasamos de fenómeno social a fenómeno de mercado) o mesmo que boa parte das nosas organizacións que pasaron de ser organizacións de defensa de dereitos civís a corporacións empresariais con financiamento público.
Carta de VIgalicia á conselleira de educación pola discriminación á rapaza de Catoira
Sra. Conselleira Dona Laura Elena Sánchez Piñón
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia
Edif. Administrativo de San Caetano
20 de agosto de 2008
Sra. Conselleira:
Dirixome a vostede como membro dunha entidade cidadán de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal de ámbito galego, que está a seguir de cerca o desenvolvemento do caso da nena de Catoira de 14 anos con diversidade funcional intelectual, Alejandra Lobato Sumay, un asunto do cal supoñemos está plenamente informada.
Listaxe de documentos do Foro de Vida Independente da Universidade de Santiago de Compostela
- Vida Independiente. Nuevos modelos organizativos
- Manifiesto del Foro de Vida Independiente
- Ley 51/2003, de 2 diciembre, LIONDAU
- Ley 39/2006, de 14 de diciembre, LEPA
- Ley 13/1982, de 7 de abril, LISMI
- Las Personas con Discapacidad ante la Nueva Genética
- Ideas para una vida activa en igualdad de oportunidades
- El Movimiento de Vida Independiente: Experiencias internacionales
- El Modelo de la Diversidad
- Diversidad funcional.
- Derechos Civiles
- Convención de la ONU sobre los derechos de las personas con discapacidad
- Consideraciones sobre la figura del Asistente Personal
- Apuntes sobre construcción del Minusvalidismo y su deconstrucción
- Análisis de evolución de la Accesibilidad para Personas con Movilidad Reducida en viajes de RENFE 2004 - 2006
- 10 cuestiones sobre la Ley de Autonomía Personal
La experiencia de la independencia
En su último libro Juan José Maraña habla de mujeres y hombres porque para la libertad necesitamos modelos a imitar, vecinos, que no héroes cotidianos, que nos den reflejo y resuello en la carrera diaria, tan obstaculizada, con los que saber así que nuestras vidas encierran valor para otros, y sobre todo, para nosotros.
Autor: Juan José Maraña
Editado por: Diversitas Ediciones - AIES
Diseño cubierta: Martí Ballada - Isabel Rojas
Prólogo: Vicente Valero Sanchís



