Sobre VIgalicia
Vida independente
¿Que entendemos en VIGALICIA por vida independente?
O ideario de Vida Independente pretende cambiar o punto de vista que a sociedade ten sobre as persoas con diversidade funcional (discapacidade), e en especial sobre as que dependen doutros para o normal desenvolvemento da súa vida diaria.
Este ideario pretende restituir nestes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos civís, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións.
Presentación de VIgalicia
O día 20 de marzo, tivo lugar a presentación da primeira asociación galega e española de usuarias e usuarios de asistencia persoal (todos eles persoas con diversidade funcional con necesidade de asistencia persoal para a vida diaria) baixo a filosofía da Vida Independente VIGALICIA (Vida Independente de Galicia).
O acto estivo presentado por Antón Novoa quen falou da importancia do nacemento desta entidade neste intre en que se está a perfilar o modelo de atención ás persoas con diversidade funcional (discapacidade) dentro da Lei da Promoción de autonomía personal e atención ás persoas en situación de dependencia. Pretendese restituir nestes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos civís, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións.
Presentación de VIgalicia na Fundación Paideia
Onte as 19h tivo lugar, no salón de actos da fundación Padeia a presentación pública de VIGALICIA, primeira asociación galega e do estado de persoas con diversidade funcional usuarias de asistencia persoal (todos eles persoas con necesidade de asistencia persoal para a vida diaria). VIGALICIA, promovida por membros do Foro de vida independente, foi constituída en xuño de 2006 como unha ONG de dereitos humanos que xurde inspirada polos principios igualdade, liberdade e autodeterminación..
Preámbulo
A “Constitución Española” de 1978, no Artigo 49 referíndose ás Persoas con Discapacidade, ordena aos poderes públicos que presten a atención especializada que requiran e o amparo especial para o disfrute dos seus dereitos.
Así mesmo, a “Carta de dereitos fundamentais da Unión Europea” prohibe toda discriminación, e en particular a exercida por motivos de Discapacidade (Artigo 21), determinando que as persoas discapacitadas teñen dereito a beneficiarse de medidas que garanten a súa autonomía, a súa integración social e profesional e a súa participación na vida da comunidade.
Capitulo I. Denominación, persoalidade, duración, domicilio social e ámbito
Artigo 1. Denominación.
Coa denominación ASOCIACIÓN ASISTENCIA PERSOAL PARA A VIDA INDEPENDENTE (en diante A Asociación), constitúese unha entidade ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, pola libre vontade de asociación das persoas que subscriben a Acta Fundacional, que aceptan o establecido nos presentes Estatutos.
Capitulo II. Misión, principios, valores, fins
Artigo 5. Misión, Principios e Valores.
Nosa misión é promover a Asistencia Persoal (AP) tal e como se entende baixo o Ideario de Vida Independente que se basea no dereito de toda Persoa con Diversidade Funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade igual que calquera outro cidadán.
Esta Asociación está inspirada polos principios de Dignidade, Igualdade e Autodeterminación inherentes ao ser humano.
Capitulo III. Órganos de representación
Artigo 8. Órganos de Goberno.
A Asociación rexérase polo sistema de autogoberno e o principio de representación, a través dos seguintes órganos:
- Asemblea Xeral
- Xunta Directiva
Artigo 9. Asemblea Xeral.
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno da Asociación e estará integrada por:
Capitulo IV. Socios
Artigo 24
Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas usuarias de Asistencia persoal ou con necesidade de apoios de asistencia persoal recoñecida oficialmente, maiores de idade e con capacidade de obrar que non estean suxeitos a ningunha condición legal para o exercicio do dereito, tratándose de menores de idade ou incapacitados xudicialmente, exercerase a representación a través dos representantes legais correspondente.
Artigo 25
Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:
Capitulo V. Disolución e liquidación
Artigo 32.
A Asociación poderá disolverse por unha das seguintes causas:
- Polas causas determinadas no artigo 39 do Código Civil.
- Por sentencia xudicial firme.
- Por vontade dos dous tercios dos socios manifestada na Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ó efecto.
Artigo 33.
Comisión liquidadora.
Disposicións adicionais
Primeira.
Para toda reclamación ou contenda xudicial coa Asociación, as partes someteranse expresamente para o exercicio das súas accións ó Xuíz e Tribunais do domicilio da Asociación. Por elo, os actos e contratos que a Asociación celebre ou nas accións a que deran lugar, quedará implícito que as partes renunciarán ó seu propio foro e sométense ó domicilio social da Asociación.


![Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_fvid.png)
![Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_solcom.png)
![Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_dhy.png)
![Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]](http://www.vigalicia.org/themes/foliage/logo_enil.png)
