“Somos e sumamos” I Xornada de Diversidade Funcional

Cartel da I Xornada de Diversidade Funcional 'Somos e sumamos'

O próximo venres dous de decembro celébrase a I Xornada de Diversidade Funcional “Somos e sumamos”, organizada polo Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña (GRUMICO) en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña.

Os temas a tratar versarán, entre outros, sobre a figura do asistente persoal como recurso de equidade social; a educación inclusiva; a discapacidade no sistema de parella, maternidade e paternidade; asistencia sexual para a igualdade de oportunidades no exercicio da sexualidade.

Ás 11:15 Juan José Maraña González, membro de VIgalicia e co-promotor do proxecto de Asistencia persoal en Galicia, falará sobre "A asistencia persoal como un recurso de equidade".

Ás 12:00 Anxela López Leiceaga, membro de VIgalicia, co-promotora do proxecto de Asistencia persoal en Galicia e do Proxecto de Asistencia Sexual intervirá con "A asistencia sexual, unha necesidade humana".

Data: Venres 2 de decembro.

Horario: De 9:00 h a 20:00 h.

Lugar: Sesión de mañá - Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña (A Coruña) | Sesión de tarde - Sala multiusos do Pavillón de Deportes. Campus de Elviña (A Coruña).

Programa da xornada

A inscrición é gratuita ata completar aforo.

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]