Xornadas sobre Vida Independente

Xornadas sobre Vida Independente organizadas por VIgalicia o 18 de outubro en Santiago de Compostela

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Intervención de José Antonio Novoa

José Antonio Novoa (clic para ampliar a imaxe)A xornada rematou coa intervención do Presidente de VIgalicia e membro do Foro de Vida Independente, José Antonio Novoa. Antes de dar comezo á súa exposición, Novoa proxectou dous testemuños de usuarios da cooperativa de asistencia persoal ULOBA de Noruega.

Ao finalizar a proxección, Novoa asegurou que: cada vez que poñemos este vídeo alguén di que está moi ben pero que é unha utopía. Eu creo que as persoas que aquí saen son coma nós e levan unha vida plena igual á de outras persoas no mesmo entorno. Outra das cousas que din é que iso é en Noruega e alí son ricos, en cambio, os nosos amigos noruegueses aseguran que os ricos somos nós xa que, doutro xeito non se explica o desbaratamento e a maneira de priorizar os intereses que ten este país. Non se trata dunha cuestión de cartos, senón que como se enfoquen as ferramentas sociais.

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Intervención de usuarios do proxecto piloto

Anxela López Leiceaga (clic para ampliar a imaxe)

A terceira intervención correu a cargo de Anxela López e Xosé Francisco Fernández Mujico, membros tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente, que relataron a súa experiencia como usuarios do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal de Galicia.

López fixo un repaso cronolóxico do que foi a evolución de dito Proxecto: no ano 2005, coincidindo co cambio de goberno, solicitámoslle tanto ao Presidente Touriño como ao Vicepresidente Quintana un Proxecto de Asistencia Persoal e Asistencia Tecnolóxica coa finalidade de obter unha ferramenta que nos permitise estar en igualdade de condicións co resto dos cidadáns.

Este Proxecto quedou nas mans da Secretaría Xeral de Benestar Social e a interlocutora principal foi María Xesús Lago: a Secretaria Xeral foi receptiva á implementación dun Proxecto Piloto á imaxe e semellanza dos existentes en Madrid e Barcelona, baseado no ideario de vida independente e, cando estaba a piques de pórse en marcha, unha entidade apareceu en escena tomando decisións que desvirtuaron o obxectivo inicial para o que foi creado que non era outro que a vida independente. O proxecto pasou a ser unha mera ampliación da axuda a domicilio, con 40 horas de asistencia semanais.

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Experiencia persoal no uso da Asistencia Persoal

Alejandro Rodríguez Picavea[Clic para ampliar la imagen]

O seguinte en tomar a palabra foi Alejandro Rodríguez Picavea, membro do Foro de Vida Independente e usuario do Proxecto Piloto de Asistencia Persoal da Comunidade de Madrid.

O primeiro ao que se referiu foi ao termo diversidade funcional: eu, e moitas das persoas do foro, cremos que as palabras moldean o pensamento. Se falas en positivo pensas en positivo. Vimos de termos como enfermo, subnormal, diminuído, discapacitado,... estas denominacións fan que se interiorice que se é diferente e menos que os demais. O termo diversidade funcional non é nin positivo nin negativo, tan só fai referencia ás diferentes formas de funcionar das persoas (o que non indica que sexamos menos capaces nin menos válidos que ninguén). No fondo todas as persoas funcionan de xeitos diferentes pero a nós discrimínasenos polo nosos xeito de funcionar e aí toma sentido o termo diversidade funcional.

Xornada sobre Vida Independente do 18 de outubro en Santiago

Características do paradigma da Vida Independente

Juan José Maraña[Clic para ampliar la imagen]

A primeira intervención correu a cargo de Juan José Maraña membro tanto de VIgalicia como do Foro de Vida Independente. Maraña fixo un repaso á evolución histórica da situación das persoas con diversidade funcional dentro da sociedade ata o nacemento e difusión do modelo de Vida Independente. En palabras de Maraña este repaso é necesario xa que: se sabemos onde estamos, trabucarémonos menos.

Para Maraña: o movemento de Vida Independente e a sociedade están desconectados xa que, ata este momento actual, a historia da humanidade considerou ás persoas con diversidade funcional máis como un produto do sistema no canto de ser vistos como cidadáns: somos un negocio (pasamos de fenómeno social a fenómeno de mercado) o mesmo que boa parte das nosas organizacións que pasaron de ser organizacións de defensa de dereitos civís a corporacións empresariais con financiamento público.

Distribuir contido

Informe SOLCOM 2011

  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de ENIL, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]