VIgalicia recibe o apoio parlamentario para fortalecer a asistencia persoal

Representantes do PP e VIgalicia (clic para ampliar a imaxe)

O pasado 8 de marzo, membros de VIGALICIA acudiron ao Parlamento de Galicia para reunirse cos representantes dos partidos políticos presentes no arco parlamentario, con motivo de impulsar o cumprimento íntegro da Proposición Non de Lei que hai 10 anos propiciou a existencia do servizo de Asistencia Persoal na nosa comunidade. Os representantes políticos puideron coñecer de primeira man o desenvolvemento parcial, limitado e titubeante dun recurso de vangarda social para persoas con diversidade funcional que a insuficiencia de miras debilitou e converteu en pouco menos que testemuñal.

Representantes de En Marea e VIgalicia (clic para ampliar a imaxe)

As distintas formacións políticas foron receptivas a unha revisión do modelo de Asistencia Persoal adoptado pola Xunta de Galicia desde 2007, convindo en cuestións como a progresividade de dispor dunha dotación suficiente de horas de asistencia semanal, que supere as 30 horas actuais que escasamente serven ás necesidades básicas, a idoneidade de consolidalo como un servizo público para un modelo de vida independente autoxestionado e digno para as persoas con diversidade funcional.

Representantes do PSdG e VIgalicia (clic para ampliar a imaxe)

PP, En Marea, PSdG-PSOE e BNG conviñeron de distinta forma pero con igual convencemento en pór en marcha distintos recursos da cámara galega de representantes (preguntas, iniciativas, comparecencias, etc.) para instar de maneira categórica á Xunta de Galicia a revitalizar cun golpe de temón este recurso social varado durante 10 anos e que se perfila como imprescindible no futuro inmediato como alternativa á institucionalización das persoas, no marco dunha poboación envellecida, e en aras da maior rendibilidade dos recursos sociais.

Representantes do BNG e VIgalicia (clic para ampliar a imaxe)

Traducir

Síguenos

  • Logotipo da Federación de Vida Independente, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo do Foro de Vida Independiente y Divertad, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo da Asociación SOLCOM, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]
  • Logotipo de Derechos Humanos Ya, clic para acceder á web [Abrirá unha nova ventá]